ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian a utilización dun castro como aparcadoiro de autocarabanas

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian a utilización do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros, como aparcadoiro de autocarabanas, “este castro é un ben patrimonial incluído no catálogo das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros e a súa cualificación urbanística é de solo non urbanizable de protección patrimonial. As Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros outórganlle ao Castro de San Pedro unha protección que consideramos que non é compatible co uso que se lle está a dar actualmente como aparcadoiro de autocaravanas nin como lugar de tránsito destes vehículos, posto que esta práctica pode estar provocando danos no xacemento, un ben patrimonial protexido”.

Dado que as actividades que se están a realizar no Castro de San Pedro probablemente son contrarias á normativa urbanística e, ademais, poderían estarse levando a cabo sen contar coas correspondentes licenzas e autorizacións, dende ADEGA e Mariña Patrimonio solicitan “que se comprobe se o uso que se está a dar  no Castro da Punta de San Pedro é conforme á legalidade  e que, no caso de non selo, se paralicen as actuacións contrarias a Dereito nun ben patrimonial  incluído no catálogo de bens protexidos polo planeamento urbanístico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo