" />

Adega reclama ao Concello de Lugo a recuperación dos cursos fluviais

ADEGA vén de presentar no Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño Sil, alegacións ao proxecto Prolongación do paso soterrado baixo a N- VI redactado pola empresa Inca Servicios y Proyectos de Ingeniería Civil S.L., e promovido polo Concello de Lugo, incluído dentro da estratexia Da Muralla ao Miño Muramiñae. O proxecto presentado e aprobado, define a estrutura necesaria para ampliar o paso baixo a N-VI e a pavimentación e iluminación dos seus camiños de acceso, mantendo a mesma situación do curso fluvial, entubado baixo os camiños, canalizándoo no paso baixo a N-VI.

A plataforma non entende como un proxecto dentro dunha estratexia de desenvolvemento urbano sostible e integral non ten en conta a lexislación ambiental vixente, e trata o treito do curso fluvial como unha simple cuneta de formigón sen respectar o trazado natural do regato, os ecosistemas e a súa biodiversidade, nin a paisaxe. Ademais, bótanse especialmente de menos uns obxectivos e unha sensibilidade ambiental e paisaxística capaces de “sacar partido” á existencia dun recurso natural vivo –curso fluvial- como oportunidade para desenvolver unha actuación con valor paisaxístico que permitira restaurar e revalorizar todo o treito fluvial alterado e a biodiversidade vencellada ao mesmo.

Dende ADEGA reclamamos ao goberno deste municipio o necesario grao de conciencia ambiental, de xeito que calquera presente e futuro proxecto incidente na rede fluvial municipal, promovido ou que teña que informar o Concello de Lugo, se ateña á normativa vixente e se aproveite para poñer en valor, dende o punto de vista ambiental e paisaxístico, os treitos fluviais afectados, para o que reclamamos tamén que se dote aos correspondentes servizos técnicos municipais da capacitación e sensibilidade ambiental necesarias, e reconsidere a categoría moral das empresas coas que asina contratos e ás que lles cede a xestión dos nosos recursos naturais.

Preguntámonos por que o Concello sigue actuando con total indulxencia con INCA, empresa que ata o momento só ten demostrado que despreza os bens públicos municipais e o noso patrimonio natural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo