Adiadas as Eleccións Galegas

O principais partidos políticos galegos veñen de consensuar a desconvocatoria das eleccións ao Parlamento Galego previstas para o vindeiro 5 de abril.

Os lideres dos partidos, nunha xuntanza realizada esta mañá, por videoconferencia, tomaron esta decisión de suspender ditas eleccións por mor do andazo que sacude estes días ao noso país.

Emprazáronse de novo para mañá martes, co fin de acadar un acordo e fixar unha nova data para convocar a galegas e galegos as urnas. De momento non se sabe cal será a formula para escoller esa nova data, pode ser por consenso, ou que sexa o actual Presidente da Xunta, quen ten esa prerrogativa en circunstancias normais, o que as convoque ou mesmo por maioría. Sexa como sexa, o PSdG amosou a súa disposición, se é necesario agardar ata setembro, cando finaliza a lexislatura, para convocar os comicios; pola súa banda o BNG apuntou ao remate do “Estado de alarma” para votar andar as novas eleccións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com