A Xunta electoral de Zona de Lugo, ven de comunicar ao Concello a suspensión temporal do Lugo Opina Orzamentos Participativos. O Concello púxose en contacto coa Xunta Electoral de Zona co obxecto de evitar que a posta en marcha da segunda fase dos Orzamentos Participativos puidera supoñer calquera interferencia no período electoral, segundo informa a concellería de Desenvolvemento Local, da que é titular, Rosana Rielo
O Concello efectuou esta consulta que acompañou co texto dun borrador de decreto referido á execución da segunda fase de Lugo Opina Orzamentos Participativos, para saber se se estaba a producir algunha interferencia co período electoral.
A Xunta Electoral na súa resposta di que “entendese que a aprobación de as actuacións recollidas en dito borrador en campaña electoral (coa publicidade recollida nos puntos 5º e 6º do mesmo) podería supoñer unha infracción do prevido polo artigo 50 da LOREG”, e engade que “non procederá seguir adiante con dito proxecto ata que finalice o período electoral, posto que nada impide que se verifiquen ditas actuacións unha vez pasado o día 24 de maio de 2015”.
Ao respecto desta información o coordinador de campaña do Partido Popular de Lugo, Antonio Ameijide, afirmou que a decisión da Xunta Electoral de Zona de Lugo de suspender a execución dos orzamentos participativos do Concello de Lugo vén ratificar “o carácter electoralista” deste programa.