" />

Adiantamentos

Vendo a fruición con que as televisións difunden imaxes de vacinación e probas do Covid, cabe supoñer que o feito é premeditado para mentalizarnos, pero ver que introducen no nariz un bastonciño que penetra sen fin e contemplar pinchazos como estocadas non é para provocar riadas de persoas cara aos centros de saúde. Porque resulta peor contemplar que experimentar en carne propia, xa que os pinchazos case non se notan mentres que a contemplación impacta.

Nas vacinacións contra a gripe, nestes tempos batéronse récords, quizais porque o mal maior anima a combater tamén unha praga anual relativamente benigna. O mesmo podería pasar se a vacinación contra a pandemia estivera aberta ao publico, xa que só unha minoría inapreciable rexeita ou dubida deste procedemento.

Iso despréndese das denuncias a cargos públicos que, alegando razóns difíciles de aceptar, reciben a agardada vacina, ata agora reservada para persoas en risco especial.

Entre os pillados nas vacinas por exceso de velocidade hai conselleiros, alcaldes, o máis alto militar e un bispo…o que non quere dicir que eles xestionasen a vacina, que pode ser, senón que quizais houbo quen quixo facer méritos, coa desculpa de que non se escatimaba a ninguén a súa dose por aproveitar mellor os sobrantes sempre que se utilicen determinadas xiringas.

Nun incerto futuro, quizais saibamos cantas imprevisións, ignorancias ou mentiras se nos ocultaron, porque saber de repente que se aproveitan mellor as doses para vacinar a outra xente, ven ser como se o noso coche consume pouco, e por iso podemos permitirnos acelerar a 200 km. por hora.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo