Adif licita a reparación de 23 pontes do tramo Monforte – Ourense

Adif licitou o contrato de execución das obras de reparación de 23 pontes do tramo ferroviario Monforte de Lemos – Ourense, na liña Monforte- Vigo. Esta licitación súmase ás actuacións xa en marcha para a supresión de 36 pasos a nivel no tramo ou a electrificación do traxecto Monforte- Lugo. Cúmprese así o compromiso de Fomento e Adif coa mellora do trazado existente entre Ourense, Monforte e Lugo, co fin de levar os servizos de alta velocidade ferroviaria ata a capital lucense.

As pontes obxecto de reparación están situados entre os puntos quilométricos 000+640 e 044+637 da liña Monforte-Vigo. O presuposto de licitación deste contrato é de 1.495.636,41 euros e conta cun prazo de execución de 18 meses. Asemade, se realizarán obras de reforzo e reparación das 23 pontes, mediante a execución dunha serie de actuacións que eviten a aparición e progresión de danos que conleven pérdidas da funcionalidade e capacidade resistente das estruturas, e que melloren ás súas condicións de conservación e durabilidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com