Adxudicadas as obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio multiusos da Xunta

A Xunta vén de publicar na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a adxudicación das obras de mellora da eficiencia enerxética do seu edificio administrativo de Lugo, situado na Ronda da Muralla. O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos foron adxudicados por 1.791.755 euros e teñen un prazo de execución de sete meses.

Balseiro lembrou que as obras teñen por obxecto optimizar a envolvente térmica do inmoble, mellorar a climatización e tamén a iluminación dos espazos de traballo. Deste xeito, sinalou, acadarase un maior confort e comodidade tanto para os empregados e empregadas públicos como para os numerosos cidadáns que a diario acoden ao edificio a realizar os seus trámites e consultas.

O delegado territorial salientou que con esta actuación aforraranse máis de 100.000 euros anuais en consumo eléctrico e de gas e lembrou que esta obra enmárcase na aposta da Xunta por modernizar e acondicionar as infraestruturas destinadas á prestación de servizos públicos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com