Adxudicado o contrato de xestión do Vello Cárcere

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo vén de aprobar distintos trámites correspondentes a oito expedientes de contratación de servizos municipais por importe de máis de 600.000€.

Así, segundo explicou a vicevoceira municipal, Carmen Basadre, quedou adxudicado o contrato de xestión do Vello Cárcere, co que o centro sociocultural pasará a contar con máis traballadores e servizos. Terá 10 profesionais para a prestación dos servizos de coordinación, recepción, tecnoloxía e audiovisual, divulgación artística, espazo didáctico e lecer infantil.

Ademais, o goberno aprobou a prórroga dos contratos de subministro de productos de limpeza e de alimentación para o Fogar do Transeúnte; e o do servizo de roza de pistas da zona rural, que se realizarán de xuño a setembro; e abriu o proceso para a contratación do servizo de limpeza, reparación, mantemento e conservación das fontes ornamentais de Lugo por un período de catro anos, prorrogables por outro.

Asemade, a Xunta de Goberno acordou tamén a modificación do contrato correspondente á prestación do servizo de centro de día municipal para persoas maiores Antonio Gandoy para incluír no prezo o incremento salarial dos traballadores e traballadoras producido pola aprobación dun novo convenio colectivo sectorial de ámbito autonómico.

Arde Lvcvs
Por outra banda, o Goberno aprobou a contratación para o Arde Lvcvs por 45.980€ do grupo Corvux Corax, unha das novidades importantes desta festa de recreación histórica. A agrupación alemana revive o espírito de tempos pasados con melodías e sons de épocas ancestrais con tambores, percusións e gaitas deseñadas por eles mesmos.

Tamén en relación co Arde Lvcvs, Carmen Basadre explicou que a Xunta de Goberno deu o seu voto favorable ao procedemento de licitación para autorizar a instalación de postos de venda de mercadorías e atraccións ecolóxicas infantís na Praza Maior durante este ano, prorrogables ata o 2022. Licítanse 59 parcelas para postos e dúas para atraccións infantís. As persoas interesadas poderán presentar oferta como máximo para dúas
parcelas, pero só poderán ser adxudicatarias dunha, agás no caso das atraccións infantís ecolóxicas, que se poderán autorizar varias a un mesmo beneficiario. Por motivos de hixiene e salubridade, os postos que teñan productos comestibles, só poderán puxar polos que están situados na zona de pedra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com