" />

Agasalla gastronomía e turismo en Lugo coa nova campaña da Apehl

A Asociación Provinicial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) vén de anunciar a posta en marcha dunha nova campaña de impulso ao sector turístimo e hostaleiro da provincia mendiante os agasallos destas festas.  Regálal…E Regálat…E é o nome desta iniciativa coa que “queremos incentivar a venda de experiencias gastronómicas e turísticas como agasallo para este Nadal”, afirma o presidente da Asociación, Cheché Real.

A iniciativa ofrece ao cliente a posibilidade de comprar gastronomía, consumicións, estancias en hoteis, turismo rural e experiencias turísticas nos establecementos que participen. “É un bo atractivo para clientes particulares e tamén unha boa idea para empresas, que poidan substituir os seus obsequios do Nadal por este tipo de agasallos para os seus traballadores”, afirma Real.

Os locais adheridos á campaña terán un cartel identificativo como establecemento participante e uns tickets agasallo que se cubrirán en función da compra dos seus clientes. Na páxina web da Asociación (apehl.org) estarán visibles todos os establecementos participantes e a campaña desenvolverase do 18 de decembro ao 10 de xaneiro.

Todos aqueles asociados que estean interesados en participar poden poñerse en contacto coa Apehl a través do correo electrónico comunicacion@apehl.org ou dos teléfonos 982 226 912/982 412 050, ata este mércores 16 de decembro. “Este nadal imos regalar …E para comer, Lugo”, destaca Cheché Real.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo