AGE denuncia ante a Comisión Europea as deficiencias na atención sanitaria do HULA

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, vén de rexistrar hoxe unha pregunta no Parlamento Europeo ao respecto da negativa da Xunta de Galiza a manter en funcionamento as 24 horas do día o servizo da Hemodinámica, e da tardía implantación dos servizos de Radioterapia e Medicina Nuclear no Hospital Universitario Lucus Augusti , “imprescindíbeis para salvar vidas e para que as persoas que precisan estes servizos sanitarios poidan ter unha atención de calidade e proximidade”, lembrou.

A piques de cumprírense catro anos dende que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugurara o HULA prometendo a apertura nos seguintes seis meses dun servizo para o tratamento integral do cancro dende as instalacións hospitalarias lucenses, “a día de hoxe a carencia destes servizos fundamentais está a ter gravísimas consecuencias, vergoñentas nun país no que, malia a existir supostamente  igualdade no acceso á sanidade, estase a forzar que persoas enfermas de cancro na provincia de Lugo teñan que se desprazar ata a cidade da Coruña para poder recibir o tratamento que precisan”.

AGE cita as declaracións do Xefe de Cardioloxía do HULA, Carlos González Juanatey, so un terzo das persoas que sofren infartos en Lugo poden ser atendidas no tempo recomendado, é dicir, en menos de 120 minutos, xa que a unidade para atender infartos funciona unicamente de luns a venres en horario de 8 a 15 hrs., pero só un de cada tres infartos da provincia de Lugo prodúcese nese horario. O resto dos casos teñen que ser desprazados a outros hospitais, aumentando polo tanto o risco de falecemento.

Diante desta situación “inxusta e de total vulnerabilidade das e dos pacientes da provincia de Lugo”, Lídia Senra instou á Comisión a”dirixirse ás autoridades galegas para que garantan unha atención sanitaria pública que asegure a atención inmediata e urxente ás persoas que precisan destes servizos”, ao tempo que inqueriu a esta institución comunitaria sobre a posibilidade de “activar dende a Comisión algún mecanismo para garantir unha atención sanitaria adecuada á poboación”.

@AlternativaGZ

Novas relacionadas

  1. Avatar
    @Ciudadanodelugo
    Feb 27, 2015 - 11:47 PM

    AGE denuncia ante a Comisión Europea as deficiencias na atención sanitaria do HULA – Xornal de Lugo http://t.co/x4djYyRB2Y

    Reply
  2. Avatar
    J Eduardo Veiga (@JEduardoVeiga)
    Feb 23, 2015 - 08:00 PM

    AGE denuncia ante a Comisión Europea as deficiencias na atención sanitaria do HULA – Xornal de Lugo http://t.co/L4LSKsXObB

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo