" />

Agradecemento da asociación Si, hai saída ao Concello de Lugo

Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero queremos agradecer ao Concello de Lugo a súa actuación no eido da violencia de xénero nestes momentos tan difíciles para todos por mor do coronavirus, que para moitas vítimas supón un notable incremento do risco que corren dada a situación de confinamento na que nos atopamos e que as obriga a convivir durante días, as 24 horas co seu agresor, co que isto pode implicar para elas e, en moitos casos, tamén para os seus fillos.

Así mesmo, queremos dar as grazas de xeito especial por ternos en conta, pola súa implicación e disposición para interactuar, e, por riba de todo, por concordar con nos en que os momentos que estamos a vivir son para loitar unidos e na mesma dirección.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo