Agromuralla convoca unha manifestación o 6 de setembro ante a “catastrófica situación” do lácteo

Xornal de Lugo

O colectivo de gandeiros Agromuralla vén de convocar unha manifestación o vindeiro día 6 de setembro para denunciar a “situación catastrófica” que continúa vivindo o sector lácteo un ano despois das mobilizacións e tractoradas realizadas polos gandeiros. O colectivo realizará contra as doce do mediodía unha marcha a pé pola Ronda da Muralla que rematará diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, onde se lerá un manifestó.

Os gandeiros denuncian que centos de granxas tiveron que pechar ao longo deste último ano pese á sinatura do acordó lácteo en Madrid hai doce meses e oito meses despois de que as distribuidoras se comprometesen a subir o prezo do leite dous céntimos.

“O acordó para a estabilidade da cadea de valor do sector lácteo e as boas palabras de distribución e industria que se prometían tan esperanzadoras resultaron ser un engano máis aos gandeiros. Se a isto sumamos a inactividade da Administración para frear os abusos que sufrimos os produtores e a falta de Goberno central dende hai case un ano, encontrámonos cun panorama cada vez máis desolador. O rural despoboase”, conclúe o colectivo nun comunicado.

Xornal de Lugo

Diario de información xeral encol de Lugo e a súa provincia.

4 Comments

  1. Yo estoy de acuerdo que protesteis, pero cuanto tiempo estuvistes con los tractores en lugo en la muralla y para que. Quien gobierna es el pp. Pero la mayoría de los ganaderos vota al pp, entonces estais contentos

  2. Tienen razón en sus reclamaciones; pero la convocatoria es un movimiento político promovido por el pp que es quien sostiene a este grupo con el fin de forzar posiciones en el psoe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

4 Comments
scroll to top