Alarmante aumento no número de casos de Covid na provincia que suma 179 novos positivos

Un día máis a área sanitaria de Lugo sube dos 150 positivos por coronavirus nun só día. Nas últimas 24 horas detectáronse 179 novos contaxios de Covid-19, o que sitúa á provincia con 2.121 casos activos.

En canto ao número total de casos activos de coronavirus en Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou, na súa última actualización, que o número de casos é de 22.511 deles 5.984 son da área da Coruña, 2.121 da de Lugo, 2.963 da de Ourense, 2.365 da de Pontevedra, 3.846 da área de Vigo, 3.445 da de Santiago, e 1.787 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 228 están en UCI, 1.084 en unidades de hospitalización e 21.199 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 71.531 persoas curadas, rexistrándose 1.752 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.397.979.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com