Alcaldes e portavoces formarán parte da Xunta Directiva do Partido Popular de Lugo

A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, tomou a decisión de respectar os acordos adoptados nos congresos dos anos 2007 e 2013 de que todos os alcaldes e voceiros formen parte da Xunta Directiva do PP provincial. Así o anunciou a popular, quen engadiu que mañá fará público o equipo definitivo que a acompañará na presidencia do Partido. Elena Candia destaca que “é a maior integración que se pode facer no partido, contando con todos e todas os voceiros e alcaldes e alcaldesas da provincia como parte do noso equipo”.

A presidenta dos populares lucenses, que avoga por un partido moi participativo e dinámico, -como defendeu durante toda a campaña-, considera “necesario” o cumprimento destes acordos tendo en conta que tanto os alcaldes como os voceiros son os “interlocutores máis directos cos veciños e cos militantes e os que mellor coñecen as necesidades dos lucenses”.

Seguindo a liña de darlle maior participación aos militantes, Candia adiantou que “nun breve espazo de tempo se elixirán os coordinadores comarcais, que serán escollidos directamente pola militancia”. Deste xeito, a presidenta cumprirá cun dos compromisos asumidos, o de elixir as Xuntas Comarcais, de xeito que cada afiliado escolla un presidente e a súa executiva e se lle dea maior vitalidade a estas estruturas comarcais.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo