A alcaldesa participa no Foro de Lanzamento da Axenda Urbana do Eixo Atlántico

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao voceiro municipal, Miguel Fernández, e a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participaron hoxe no Foro de Lanzamento do Plan de Acción da Axenda Urbana do Eixo Atlántico celebrado na Coruña, un encontro no que tomaron parte alcaldes e alcaldesas de Galicia, doutras comunidades españolas e de Portugal, ademais de representantes dos Gobernos español e luso.

Seguindo a directriz europea de implantar as axendas urbanas como novo método de traballo co fin de maximizar o potencial de crecemento das cidades e abordar os retos sociais coa propia cidadanía, o Eixo Atlántico traballa dende o 2014 nunha Axenda Urbana propia para Galicia e o norte de Portugal, converténdose na primeira entidade transfronteiriza da Unión Europea en poñer en práctica este sistema baseado no traballo en rede entre as administracións e a sociedade para afrontar cuestións como o desenvolvemento económico, a participación cidadá, o medio ambiente ou as políticas de residuos e mobilidade.

A sesión de traballo de hoxe supón deste xeito comezar a plasmar de forma práctica os acordos que alcanzaron os concellos integrantes do Eixo o ano pasado sobre a Axenda Urbana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo