A Alcaldesa reafirma a aposta do Concello polo envellecemento activo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este sábado na clausura do 28º Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, coa que colabora o Concello. Trátase dun congreso de ámbito internacional que avanza na busca dunha maior calidade de vida deste colectivo e que acolleu durante este venres e sábado o Salón de Actos da Deputación, ata onde se achegaron máis de 200 asistentes e ata 50 poñentes de distintos puntos de España, pero tamén de Portugal e  Sudamérica.

Durante a clausura, na que tamén participou o Presidente da Deputación, Darío Campos, o Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, así como o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, Miguel Ángel Vázquez e  o do Comité Organizador Carlos Dosil.

A Alcaldesa reafirmou a aposta do Concello pola promoción e o desenvolvemento de accións de envellecemento activo e autonomía persoal, capaces de mellorar de calidade de vida e o benestar das persoas maiores.

“As políticas sociais son a esencia do Concello de Lugo”, subliñou Lara Méndez, quen asegurou que a entidade local lucense é a que máis inviste en Galicia neste eido e a cuarta do estado, destinando nos orzamentos do 2016 un 21% dos recursos, uns 19 millóns a políticas sociais.

O Concello ofrece aos maiores lucenses servizo de axuda e xantar no fogar, o Centro de Día Antonio Gandoy, con 50 prazas, e un completo programa de actividades de animación sociocultural nos centros sociais da cidade e do rural. Neste senso, a rexedora insistiu na “imperiosa necesidade de prazas públicas de residencia que ten Lugo”, ao tempo que fixo fincapé na colaboración entre administracións para poder ofrecer uns servizos dignos.

A alcaldesa lembrou que no Concello de Lugo o 20% da poboación é maior de 65 anos, con tendencia ao envellecemento, “que máis que un problema, é un reto que temos que afrontar como sociedade”. “Unha poboación que prescinde dos seus maiores, non é xusta, nin igualitaria, nin intelixente”, sentenciou Méndez.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com