Alcoa anuncia un despido colectivo de máis de 500 traballadores

Esta maña tivo lugar unha xuntanza entre os directivos de Alcoa e os delegados da central e nela a multinacional informou dun plan de recortes para o complexo mariñao que inclúen a eliminación da produción de aluminio e o despedimento de máis de 500 traballadores/as en San Cibrao.

Na reunión tamén participou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril que advertiu ao presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, que “non vai consentir ningunha medida de axuste da produción ou do emprego na fábrica de San Cibrao e que dará toda a resposta que sexa necesaria contra calquera intento de desmantelar o complexo industrial da Mariña”. Un recado que a central sindical tamén estende aos Gobernos español e galego a quen insta “a non colaborar con esta lóxica destrutora de Alcoa e a intervir na salvagarda do noso tecido produtivo.”

Carril demandou a retirada inmediata desta proposta en tanto non se leve adiante toda a axenda que se acordou na mesa multilateral creada o pasado 23 de xaneiro para abordar a problemática do complexo de San Cibrao. E neste senso, critica que por parte do Goberno non se teñan convocado todas as reunións necesarias para evitar precisamente chegar a este punto.

Por outra banda, o PP acusa ao goberno de actuar como enterrador de Alcoa e insta aos socialistas lucenses a presionar a Pedro Sánchez para salvar a industria de San Cibrao. O PP anuncia novas iniciativas institucionais en apoio de Alcoa e dos seus traballadores e indica que aínda queda unha pequena marxe de tempo, de semanas, que ten que ser aproveitada polo Goberno para tomar as decisións necesarias para que a empresa teña futuro.

Asemade o Ministerio de Industria pide a Alcoa que reconsidere o despido colectivo anunciado e solicita corresponsabilidade “no momento que estamos atravesando, no que é máis necesario que nunca manter as capacidades productivas e os postos de traballo”, e recordalle que tivo -y segue tendo- importantes axudas públicas, condicionadas ao mantemento do emprego. “Nun momento tan complicado como el que vive a sociedade española, é necesario un compromiso de Alcoa coa provincia de Lugo e coas traballadoras e traballadores da planta”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Mai 28, 2020 - 04:35 PM

    Outra mais…?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com