Alivio da presión asistencial na provincia logo dun novo descenso no número de casos activos e dos contaxios

O final da terceira vaga do virus na provincia xa comeza a verse. Se no día de onte descendían os tres baremos principais: infeccións activas, novos casos e presión asistencial; hoxe esa baixada é moito máis notoria. 

No último informe do SERGAS, con datos recompilados ata as 18.00 horas de onte, os datos son moi positivos. Nas últimas 24 horas descenderon en 46 as infeccións totais acadando os 702 casos activos na provincia; asemade, o número de contaxios tamén baixou en 3 casos detectándose tan só 22 positivos novos, moi significativo este descenso se temos en conta que hacia finais das semanas, a tendencia soía ser de subida neste baremo. 

Por último, e, sen dúbida, non menos importante é o descenso da presión asistencial, con 13 persoas menos que na xornada anterior. Así, nas plantas de hospitalización se rexistran hoxe 27 pacientes, 10 menos que na pasada xornada, mentres que na UCI do HULA, a única con casos covid da provincia, hoxe hai 13 pacientes, 3 menos que onte. 

Por hospitais, o HULA conta hoxe con 21 pacientes covid, o Hospital da Mariña ten 3, o de Monforte 2 e o Polusa, conta cun único caso covid.

Da outra banda, no lado das malas novas, está a notificación, na tarde de onte, de dous novos falecementos, trátase dun home de 84 anos e unha muller de 96 que finaban no HULA.

Alivio das restriccións

E todo esto a poucas horas de que comece o alivio das restriccións impostas pola Xunta de Galicia. Lembramos que esta nova desescalada se dará en tres niveis. Os concellos de máis de 500 casos por cada cen mil habitantes continuarán como ata o de agora, sen ningún relaxo das medidas. Na provincia están en este caso os concellos do Corgo e Guitiriz. No segundo nivel de relaxo cunha incidencia de entre 250 e 500 casos, xa poden abrir as terrazas ao 50% da súa capacidade ata as 6 da tarde, asemade, os residentes nestas áreas poderán reunirse ata con 4 non conviventes e transitar entre concellos coa mesma incidencia. Neste nivel se atoparían A Pontenova, Outeiro de Rei, Guntín, Barallam A Pobra do Brollón, Monforte e Sober. 

Por último, a partir das 12 desta noite, os  residentes nos restantes concellos da provincia poderán gozar do nivel tres de restriccións, o máis leve, e no que xa poderán abrir os locais do hostalería ao 30% da súa capacidade interior e ao 50% nas terrazas, tamén reabrirán ximnasios e piscinas. Permitiranse reunións de ata 4 non conviventes, practicar deporte de forma colectiva, e viaxar entre concellos coa mesma incidencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com