Alternativa Cidadá de Esquerda cualifica a Podemos Lugo de ‘excluínte’

Diante dos procesos de confluencia impulsados polos diferentes colectivos e organizacións políticas cara as vindeiras eleccións municipais, Alternativa Cidadá de Esquerda reitera a súa aposta por acadar candidaturas de unidade popular que aglutinen a maioría social crítica da cidade.

ACE ven de manifestar a súa “sorpresa no referido ao proceso de votación realizado por Podemos Lugo, no que unicamente se someteu a consideración o apoio a unha das candidaturas cidadás existentes na actualidade en Lugo”. Segundo ACE, Lugo foi a única das cidades con mais dunha candidatura cidadá, na que Podemos só permitiu votar por unha das existentes.

Por outra banda, Alternativa Cidadá de Esquerda remitiu hai semanas un escrito solicitando unha reunión coa dirección de Podemos Lugo, para abordar aspectos de coincidencia programática, aínda que a día de hoxe non se recibiu resposta algunha.

A Alternativa Cidadá de Esquerda manifesta o seu desexo de continuar traballando en contacto con todas as organizacións políticas e sociais da cidade, incluíndo a Podemos, para “acadar unha fronte ampla dirixida a transformar as institucións públicas e levar adiante políticas ao servizo das necesidades da cidadanía”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com