" />

Alumnos da FP de Atención á Dependencia farán prácticas na residencia de Trabada

A Deputación de Lugo autorizou esta semana as prácticas de catro alumnos de grado medio no seu Centro de Atención a Maiores (CAM) de Trabada. Os estudantes da FP Dual de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, que imparte o Centro de Formación Profesional Porta da Auga de Ribadeo, dependente da Xunta de Galicia, desenvolverán 236 horas de preparación práctica no CAM da institución provincial durante o presente curso 2019-2020.

As prácticas presenciais comezaron esta semana e rematarán o 30 de abril, impartíndose de luns a venres, en xornada de 14 horas semanais. O réxime da bolsa de formación está suxeito a un convenio entre a Consellería de Educación e a Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz de Galicia, que actualmente xestiona a residencia e o centro de día de Trabada, que depende da Deputación de Lugo.

Con este ciclo, os alumnos fórmanse na atención ás persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.

O centro de maiores de Trabada dá servizo a 27 veciños e veciñas e forma parte da rede de protección social da Deputación, que tamén ten en funcionamento residencias en Pol, Ribadeo e A Fonsagrada, na que a semana pasada entraron a vivir os primeiros usuarios e usuarias. No Orzamento deste 2020, a institución destina 9M€ ás residencias, tanto ás que xa están en funcionamento, como á posta en marcha das de Castroverde e Pedrafita, ademais de avanzar no equipamento das de Meira, Ribas de Sil e Navia de Suarna.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo