Alumnos da TIC convocan un casting o 7 e 8 de febreiro para a rodaxe dun vídeo promocional

Alumnos de 2º de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC,  realizarán o vindeiro martes 7 de febreiro e mércores día 8, un casting de actores para a gravación dun spot, un dos traballos que realizan os estudantes durante o curso.

Para a gravación do vídeo promocional precísanse actores e actrices de varias idades; nenas de entre 4 e 10 anos, homes e mulleres de entre 40 a 60 anos e tamén mulleres de entre 70 e 80 anos. A selección terá lugar en horario de 17:00 a 20:00 na sede da Escola, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n, a carón do antigo hospital de San José. Os interesados poden poñerse en contacto co equipo que realiza a selección a través da dirección de correo riquinosproducciones@gmail.com ou chamando ao 606286408.

Gravación do spot
Para a rodaxe do spot os alumnos e alumnas da EIS contan co apoio do profesorado. O traballo inclúe a elaboración do guión, a produción, a gravación e posterior montaxe. Trátase dunha práctica formativa do Centro educativo para a cal os estudantes disporán de todos os medios técnicos necesarios co obxectivo de desenvolver o seu traballo a nivel profesional, e coa que se busca achegar aos alumnos ao mundo laboral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com