" />

Ana Prieto asegura que o Concello ten unha boa e saneada situación económica

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, saiu ao paso das declaracións do Partido Popular que cualificou de “aberración”, nas que os populares aseguraban que o Concello está “ao borde dun rescate económico”, pois, tal e como constatan os datos oficiais e públicos, a entidade local ten liquidez e as súas contas están “saneadas e estables”. E engadiu, “non podemos dicir o mesmo da Xunta de Galicia. Feijóo, que sempre se vendeu como un gran xestor, pechou o 2015 con récord histórico de débeda pública, chegando a superar os 10.300 millóns de euros, sen investir nos sectores produtivos e recortando en todos os servizos básicos. Esa é a gran xestión que sabe facer o Partido Popular cando goberna”, ironizou a edil.

Pola contra, a rebaixa da débeda do Concello é continua, quedando en 22,5 millóns de euros no 2014 e en 14,4 ao peche de 2015, mentres mantén o investimento por habitante en 800 euros, sen aumentar ademais o esforzo fiscal por parte dos cidadáns, que se sitúa nos 600 euros, cun superávit no 2014 de 10,7 millóns de euros, cun grao de execución dos orzamentos do 70%, e co cumprimento do período medio de pago aos provedores establecido por Lei en 60 días, destinando o 20% do orzamento está a investimento social ”. Subliñou.

Admitimos as críticas porque con elas se constrúe, pero non admitimos unha alarma irresponsable coma esta”, subliñou a Concelleira de Economía, quen esixiu ao PP que “deixe de terxiversar, pois cada día comprobamos que as súas mentiras acaban por saír á luz”, como vén de suceder en relación co servizo do centro de día Antonio Gandoy, que os populares “non se cansaron de criminalizar e agora o xulgado arquiva a causa porque non hai ningún indicio de mala praxe”, rematou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo