Ana González Abelleira

Andainas polo Camiño Primitivo e a Muralla, actividades do Arde Lvcvs Clvtvral esta semana

O Arde Lvcvs Clvtvral, a programación de actividades de inspiración romana e castrexa organizada polo Concello xunto ás asociacións de recreación histórica de Lugo, ofrece esta semana unha andaina cultural e sostible polo Camiño Primitivo, así como un paseo pola Muralla.

A primeira delas celebrarase este xoves, 24 de setembro, ás 17:00 horas con Salesiani Luci Augusti. A saída é dende a Praza de Armañá e estará guiada polo profesor de historia do colexio Salesianos Lugo, Pablo Vilar Martul, que irá acompañado da ecoloxista e voluntaria de Greenpeace, Uxía Dorado García.

Para o sábado, 26 de setembro, esta programación ten preparado un paseo distinto pola Muralla con Paulo Fabio Máximo e Güidox, a partir das 17:00 horas, tamén dende o miliario da Praza de Armañá. Este é primeiro de 4 paseos que se realizarán ata novembro co fundador da cidade de Lugo, acompañado por un castrexo, que descubrirán Lugo dun xeito diferente.

Para participar en calquera destas actividades, que son de balde, é preciso inscribirse a través do enderezo electrónico xuventude@lugo.gal.Contan con 10 prazas cada unha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com