Animalistas consideran “opaco” o plan da Xunta contra os xabarís

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber esperan que, o 26 de maio, o Concello de Lugo teña unha composición “menos compracente” coas propostas “surrealistas” que veu facendo a Xunta de Galicia respecto da presenza de fauna salvaxe nas zonas periurbanas e urbanas, “escusándose nun presunto grupo de traballo que na práctica outorga maioría ao lobby procaza”.

Os animalistas lembran medidas como a colocación de gaiolas-trampa para capturar xabarís e sacrificalos, ou a “ridiculez” de autorizar batidas en zonas de seguridade para matar a estes animais, “sen ter en conta nin unha soa das 11 medidas” que estes colectivos trasladaron ao executivo autonómico e que veñen avaladas por varios expertos desde Cataluña.

Neste senso, subliñaron como desde a Xunta “tratouse de desinformar sobre os suidos, onde a propia Consellería de Medio Ambiente animou a comer a súa carne como método para controlar a súa poboación, xustificando un Decreto regular redactado a medida do lobby escopetero, ou como se tenta xustificar a súa matanza apelando ao seu perigo na transmisión de determinadas enfermidades”.

Con todo, e a pesar de que o goberno galego puxo en marcha estas accións de caza e eliminación de fauna silvestre, este “suposto plan do que non se ten constancia pública nin foi incluído en ningún apartado de Transparencia, non elaborou nin un só censo científico serio sobre a poboación de xabarís en Lugo, na provincia ou no conxunto do territorio”. A ollos de FFW e LIBERA! resulta significativo que o delegado da Xunta na provincia non queira facilitar datos sobre capturas nin eficacia do plan autonómico, o que pon a mesa o ineludible debate sobre a opacidade das actuacións en zonas onde decenas de veciñas e veciños pasean e gozan do seu tempo libre.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo