" />

Animalistas denuncian que o Concello colabore cunha festa “procaza” en Portomarín

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber denunciaron esta mañá a colaboración do Concello de Lugo nunha “parranda” de cazadores que terá lugar a trinta quilómetros da localidade, no municipio de Portomarín, advertindo o surrealista de que un goberno local preste apoio para este tipo de actividades.

A chamada Festa da Caza de Lugo desenvolverase o próximo 2 de xuño e tamén inclúe as imaxes corporativas da Xunta de Galicia e da Fundación Deporte Galego, organismos que seguen cooperando co “lobby procaza” a pesar de que esta actividade non demostrou utilidade algunha e si unha “incrible capacidade” para contaminar o Medio Natural con decenas de miles de perdigones de chumbo arroxados cada ano.

Desta forma, os animalistas avanzaron o rexistro dunha solicitude de información para coñecer que circunstancias motivan a colaboración con outros gobernos locais para fomentar a caza, contaminante e rexeitada pola cidadanía, “tendo en conta que Lugo tamén coopera coa Xunta para masacrar aos xabarís das zonas periurbanas, en lugar de analizar as causas desta presenza desde un punto de vista científico”.

Neste sentido as ONGs esperan que o aumento de representación do BNG na corporación municipal e que converte á formación en clave para reeditar a alcaldía para o PSOE contribúa a implementar novas políticas de respecto e protección dos animais, conscientes de que Arroxo mostrou máis sensibilidade que o grupo socialista en polémicas como a fauna silvestre ou os animais domésticos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo