Animalistas lembran que os accidentes con xabarís prodúcense despois das batidas

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber puxeron sobre a mesa este luns ata 11 medidas para previr a presenza de xabarís nas zonas urbanas de Lugo e a súa comarca, onde as incursións dos suidos as estradas e algúns xardíns parecen causar algunha sorpresa nas localidades.

As propostas forman parte do documento Guía de medidas para reducir os danos causados por mamíferos de fauna salvaxe en zonas rurais, urbanas e infraestruturas publicado de forma recente pola Diputació de Barcelona e no que colaboraron diferentes departamentos da Generalitat, así como expertos en Bioloxía e Enxeñería Forestal para impulsar medidas viables e efectivas.

Neste sentido os animalistas sinalan que en ningún momento a publicación avala as cacerías, e de feito esta fórmula non ten espazo na guía oficial ao non existir evidencia científica sobre a súa utilidade na prevención de danos, como poden ser cultivos ou accidentes de circulación. A guía propón implementar peches perimetrais ou o reforzo dos existentes, incluír peches electrificados para disuadir aos animais, testar dispositivos de disuasión acústica e olfativa. No apartado de capturas suxírese o uso de trampas non ferintes ou mediante munición anestesiante. Tamén se inclúe a necesidade de realizar unha xestión da vexetación e zonas verdes, modificando as estruturas dos xardíns, por exemplo, para incluír especies “menos apetecibles” para os animais silvestres, así como adaptar o mobiliario urbano para disuadir.

FFW e LIBERA! esperan que os municipios da comarca lucense e a súa cabeceira tomen nota das once propostas contempladas neste documento, que segrega as iniciativas en función da súa tipoloxía, dividíndoas en accións de exclusión, expulsión e extracción, pero tamén campañas informativas e de xestión do hábitat. A Diputació agrega a necesidade de sensibilizar á poboación sobre a necesaria convivencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo