Animalistas piden que se subvencione a esterilización animal en Lugo

A asociación animalista Libera propuxo esta mañá que o Concello de Lugo inclúa no proxecto de presupostos para 2020 unha partida específica para facilitar a esterilización dos animais ‘de familia’ das persoas empadroadas na localidade como iniciativa para evitar camadas indesexadas que podan levar ao comercio irregular e aos abandonos.

Os animalistas sinalan que especies como as felinas posúen unha enorme capacidade reprodutora podendo multiplicar a súa poboación exponencialmente en poucos anos e supoñendo un gasto público maior. O colectivo sinala que, cun presuposto de 20.000 euros, poderíanse esterilizar a máis de 160 gatos ao que se lle podería sumar a esterilización de 125 cans.

Esta proposta non é novidosa pois, segundo contan os animalistas, xa se está a aplicar en Cádiz dende comezos de ano en colaboración co Colexio Provincial de Veterinarios.

Libera! Subliña que unha política continuada de esterilización animal contribúe a reducir o abandono, cun menor número de cans e gatos “deixados á súa sorte, por culta dunha minoría que, ademáis de irresponsable, delega no conxunto da cidadanía un problema de recollida, rehabilitación e manutención de animais.

O colectivo estima que cada abandono costa ás administracións públicas unha media de 300 euros; cartos que se poderían aforrar a través dunha política de esterilización cuxo prezo fluctúa entre os 60 e 80 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo