Animalistas rexeitan a caza “cebada” de xabarís en Lugo

A caza non é unha ferramenta eficaz nin útil para prever danos en cultivos ou zonas de esparcemento nos municipios urbanos. Así o advirten hoxe os colectivos animalistas como Libera! e Fundación Franz Weber, lembrando que, dende 2011, foron “masacrados” máis de 150.000 raposos e xabarís en Galicia sen que se solucionase a problemática.

Ambas organizacións amosaron o seu frontal rexeitamento á caza “cebada” de xabarís no termo municipal de Lugo, lembrando que parte da problemática derívase da reducción das zonas de seguridade na Lei de Caza, dos 200 aos 100 metros actuais, o que empurra a estes mamíferos a buscar protección máis preto de parques e vivendas frente aos escopeteros.

Tamén rexeitan, dende estes colectivos, a posibilidade de que se fagan esperas nocturnas, ao considerar que só contribúen a xerar inseguridade e privatizar espazo públicos, “en favor dun lobby que a única solución que pón sobre a mesa é disparar aos animais, en lugar de aplicar outras alternativas que funcionan noutras cidades.

Os animalistas puxeron como exemplo as políticas preventivas do Cantón de Xinebra, onde a caza está prohibida dende 1974 e que se complementa cun sistema de pago pos posibles danos agrícolas, ou o Estado de São Paulo, que recentemente implementou o veto completo ao considerar que as batidas contra xabarís non tiña ningún efecto.

FFW e a Asociación Animalista Libera tamén suxiren comezar a testar as once medidas contempladas nunha guía especializada recentemente editada pola Diputació de Barcelona e na que participaron biólogos e enxeñeiros forestais, plantexando acción como a ‘xeroxardiñaría’ ou a captura non letal e posterior relocalización dos animais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo