" />

A Anpa do Ceip Luís Pimentel viaxa a Monforte

Un grupo dunhas 145 persoas, conformado por familias asociadas a Anpa do Ceip Luís Pimentel Triscos, realiza este domingo 10 de Abril unha excursión en tren a Monforte de Lemos, onde visitarán o Museo do  Ferrocarril, O Pazo de Tor e a Torre de Homenaxe da fortaleza da cidade do Cabe.

Asemade e aproveitando a próxima celebración das Letras Galegas, que este ano  homenaxea ao poeta chairego Manuel María, renderán unha homenaxe a este autor da Terra Chá, na praciña onde está situada unha estatua do bardo. Alí as nenas e nenos que participen neste acto lúdico lerán poemas de libros do egrexio escritor de Outeiro de Rei, monfortino de adopción por ter pasado nesta cidade boa parte da súa vida e desenvolvido o seu traballo como procurador dos tribunais. Tamén realizarán unha ofrenda floral.

           

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo