Anpas de Lugo terán que asumir o servizo de comedores se non hai acordo coa Xunta

Asociacións de Nais e Pais de Lugo terán que facerse cargo o curso que vén do servizo de comedores nos colexios onde o servizo era até o de agora de titularidade municipal se non se chega a un acordo coa Xunta.

Así se deduce da xuntanza que tiña lugar onte entre representantes do Concello de Lugo e as Anpas para buscar unha solución á problemática que hai dous meses denunciaba o grupo de ACE-Esquerda Unida. A formación alertaba de que a empresa encargada de prestar este servizo estábao facendo sen contrato nin convenio coa Administración local.

As Anpas solicitan que se asine un convenio coa Xunta para que o Goberno galego xestione a prestación do servizo. Con todo, dito convenio só se pode asinar no primeiro trimestre do ano, polo que habería que agardar a xaneiro de 2017 e, en todo caso, entraría en vigor no curso 2017-2018. Deste xeito, se non se chega a un acordo coa Xunta, a única saída é que continúe prestando o servizo a empresa actual baixo a responsabilidade das Anpas, unha alternativa que non é ben recibida dende a Federación Provincial de Anpas de Lugo (Fapacel).

A súa representante, Belén Díaz, sinala que as Anpas vense “pilladas”, xa que eles defenden que o servizo de comedores debe ser prestado por parte da Xunta, pero xa expirou o prazo para asinar un convenio co Goberno galego. Neste setido, Díaz apunta que “intentamos ser coherentes coa nosa postura, pero temos que resolver un problema puntual”.

Este xoves os representantes das Anpas, do Concello de Lugo e da Xunta manterán unha nova xuntanza para tratar de desbloquear esta situación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com