Aparecen restos romanos do século I ao V en Sober

No xacemento arqueolóxico de Proendos, onde nas últimas semanas se vén de completar un traballo de campo no que saíron á luz numerosos materiais de ampla cronoloxía que van desde o séculoI ao V. Estes achados afondan no valor excepcional da Ribeira Sacra, un territorio que se atopa na recta final para ser declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. “Todos desexamos chegar a esta meta e descubrimentos como este nos fan sentir máis preto de acadalo”, declarou o Conselleiro de Cultura da Xunta, que animou a seguir a traballando xuntos.

Hipóteses de gran valor

Estes traballos, desenvolvidos a cargo da empresa Tempos Arqueólogos, constataron en só dez días de escavación a existencia dun hipocausto, unha estancia oca que os romanos adoitaban construír debaixo do chan nos cuartos das vivendas e nos baños para que circulara o aire quente. Ademais, os arqueólogos tamé

Aparecen restos romanos do século I ao V en Sober

No xacemento arqueolóxico de Proendos, onde nas últimas semanas se vén de completar un traballo de campo no que saíron á luz numerosos materiais de ampla cronoloxía que van desde o Estes achados afondan no valor excepcional da Ribeira Sacra, un territorio que se atopa na recta final para ser declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. “Todos desexamos chegar a esta meta e descubrimentos como este nos fan sentir máis preto de acadalo”, declarou o Conselleiro de Cultura da Xunta, que animou a seguir a traballando xuntos.

Hipóteses de gran valor

Estes traballos, desenvolvidos a cargo da empresa Tempos Arqueólogos, constataron en só dez días de escavación a existencia dun hipocausto, unha estancia oca que os romanos adoitaban construír debaixo do chan nos cuartos das vivendas e nos baños para que circulara o aire quente. Ademais, os arqueólogos tamén localizaron unha ábsida circular, un elemento arquitectónico de orixe romano presente tanto en edificios relixiosos como seculares, e unha hipotética horrea romana que, no caso de confirmarse, sería a máis grande de Galicia e a primeira da Comunidade vinculada a unha vila romana.

A estas achegas súmanse os numerosos materiais ou os restos das estruturas das edificacións, que xa foron localizadas a un nivel moi superficial nas primeiras xornadas de traballo, ou a aparición dun mosaico romano que non se conserva íntegro, pero do que si apareceron varios fragmentos reducidos.

Cómpre lembrar que a prospección xeofísica levada a cabo polo Concello de Sober no ano 2019 xa permitiu constatar a existencia de, polo menos, un complexo de hipocaustos de extensión considerable, varios elementos de posible carácter público e de servizos, posibles estruturas de habitación, unha probable trama urbana ou estruturas funerarias, así como un hipotético sistema de condución de augas.

Aposta decidida en Patrimonio

“A Ribeira Sacra é unha das paisaxes máis recoñecibles e destacadas de Galicia, unha potencia natural que debemos esforzarnos por conservar e que agardamos que poida contar coa declaración da Unesco como recoñecemento aos seus múltiples valores”, precisou o Conselleiro de Cultura, que xirou unha visita xunto ao Alcalde de Sober e o Delegado da Xunta en Lugo.

Así mesmo, engadiu que o Goberno galego conta cun Plan específico para xestionar esta paisaxe cultural dotado cun orzamento de máis de 34 millóns de euros. “Trátase dun plan que define unha estratexia común para acadar un correcto e eficiente traballo na protección, conservación e promoción do conxunto deste territorio”, afirmou.

n localizaron unha ábsida circular, un elemento arquitectónico de orixe romano presente tanto en edificios relixiosos como seculares, e unha hipotética horrea romana que, no caso de confirmarse, sería a máis grande de Galicia e a primeira da Comunidade vinculada a unha vila romana.

A estas achegas súmanse os numerosos materiais ou os restos das estruturas das edificacións, que xa foron localizadas a un nivel moi superficial nas primeiras xornadas de traballo, ou a aparición dun mosaico romano que non se conserva íntegro, pero do que si apareceron varios fragmentos reducidos.

Cómpre lembrar que a prospección xeofísica levada a cabo polo Concello de Sober no ano 2019 xa permitiu constatar a existencia de, polo menos, un complexo de hipocaustos de extensión considerable, varios elementos de posible carácter público e de servizos, posibles estruturas de habitación, unha probable trama urbana ou estruturas funerarias, así como un hipotético sistema de condución de augas.

Aposta decidida en Patrimonio

“A Ribeira Sacra é unha das paisaxes máis recoñecibles e destacadas de Galicia, unha potencia natural que debemos esforzarnos por conservar e que agardamos que poida contar coa declaración da Unesco como recoñecemento aos seus múltiples valores”, precisou o conselleiro.

Así mesmo, engadiu que o Goberno galego conta cun Plan específico para xestionar esta paisaxe cultural dotado cun orzamento de máis de 34 millóns de euros. “Trátase dun plan que define unha estratexia común para acadar un correcto e eficiente traballo na protección, conservación e promoción do conxunto deste territorio”, afirmou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com