" />

Apehl apoia a decisión da CEOE de paralizar as negociacións de prórroga dos ERTE ata que non se inclúa ao sector hostaleiro

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) mostra o seu apoio absoluto, xunto a Hostelería de España, á decisión que tomou a CEOE de paralizar as negociacións na prórroga dos ERTE ante a negativa do Goberno de incluír á hostalería e ao comercio.
Dende Apehl sinalan que “o Goberno será responsable, se esta é a súa decisión final, da destrución de emprego e a desaparición dun terzo das empresas do sector. A día 31 de agosto había máis de 300.000 traballadores cobrando os ERTE (datos INE) e o sector pregúntase que pensa facer o Goberno con eles a partir do 30 de setembro, coas empresas con facturacións por debaixo do 50 %, o que fai inasumible nin sequera o pago dos gastos fixos de apertura dos negocios”.
Por iso, desde Apehl agradecen o apoio ao sector que está a demostrar a CEOE con esta decisión de pór freo ás intencións do Goberno e “chamamos á recapacitación dos responsables políticos, para non deixar morrer a miles de pequenas e medianas empresas que sosteñen o sector hostaleiro neste país”.
Ademais, existen exemplos noutros países de Europa, como Alemaña, que prorrogou os ERTE ata o 31 de decembro de 2021 para todos os sectores e cunha exoneración do 100 %.
“Se non se aprobase a prórroga dos ERTE no sector hostaleiro, poderíase chegar a unha perda de 700.000 postos de traballo en todo o país, chegando mesmo a superar o millón de empregos se se suman os postos indirectos”, conclúen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo