Apoio total da Federacion Veciñal Lucense para o mantemento de Alcoa os seus traballadores e empresas auxiliares

É o momento de que toda a cidadanía, se involucre nun claro apoio ao mantemento de ALCOA en San Cibrao e que non se cumpra a ameaza da empresa de despedimento para 534 traballadores e outra cantidade similar que se sumarian de empresas auxiliares.

Entendemos que os Gobernos Autonómico e Central, ten por diante unha urxente tarefa a resolver sen formulacións políticas, xa que o futuro laboral desta provincia está en xogo; desde a Federacion Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo ofertamos o noso total apoio, unha vez máis en defensa de todos os traballadores ameazados por posturas económicas non aceptables, que parten dunha empresa que recibiu ao redor de 1000 Millóns de Euros en axudas e subvencións nos últimos 10 anos (e cuxos despedimentos quere agora xustificar por unhas perdas nos últimos 3 anos de 165 Millóns de Euros).

O balance é sorprendente, Alcoa aínda mantería un superávit con respecto ás axudas de 835 millóns de euros así inviste calquera! Ante esta situación que alimenta o fondo propietario de Alcoa e que xa tivo actuacións similares en centros de Canadá, desde a comisión executiva desta Federación, entendemos que tanto o Goberno Autonómico como o Central –sen enfrontamentos-, deben de entrar con maioría no accionariado da empresa e mesmo se é preciso e sen unha visión de política extrema debe chegarse á expropiación, salvando así todos os centros de traballo do grupo.

Comisión Executiva da Federación Provincial de Asociacións de Veciñas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com