Arde a cabeza tractora dun camión no polígono de Rábade

Dez minutos antes das 06:00 horas de hoxe, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun incendio dun camión nun taller,  moi preto dunha nave de reciclaxe no polígono de Rábade.

Segundo a información que os profesionais de extinción facilitaron ao 112 Galicia, ardeu por completo unicamente a cabeza tractora dun camión de reparto, a fachada da nave contigua tamén resultou afectada, sen causar danos de gravidade.

Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros de Vilalba, que decontado se desprazaron ao punto. Do mesmo xeito, informaron á Garda Civil e ao persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Así mesmo, por precaución, puxeron en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com