" />

Arde por completo unha casa en Carballedo

Un incendio calcinou esta mañá unha casa no concello de Carballedo, en Vilaquinte. Na vivenda residen catro persoas pero, por fortuna, ningunha delas resultou ferida.

Ao fío das 07:30 horas, a Garda Civil contactaba co 112 Galicia para informar do incendio. Indicaban que eles foran alertados por un particular que lles dicía que lles ardía a casa. Tamén, a esa hora, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibía a chamada doutra persoa particular que informaba dun incendio na casa da veciña, a cal pedía axuda.

Así, os xestores do 112 alertaron aos Bombeiros de Chantada que se desprazaron decontado ata o lugar. Tamén, puxeron os feitos en coñecemento dos efectivos de Protección Civil da localidade e de Taboada e alertaron ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa a súa intervención.

Unha vez no punto e extinguido o lume, os Bombeiros confirmaron que ardera o primeiro andar da casa por completo, o baixo tamén se viu afectado e o tellado colapsara. Os catro residentes, entre eles unha persoa de avanzada idade, non precisaron asistencia.

Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo