Arde un alpendre próximo a unha vivenda en Sarria

Arde un alpendre próximo a unha vivenda en Sarria. O incendio rexistrouse esta madrugada en Vilar de Sarria, no lugar de Vigo e no alpendre había unha gran cantidade de leña almacenada. 

O alpendre quedou totalmente calcinado e as lapas afectaron a un lateral dunha vivenda. Non houbo que lamentar danos persoais, aínda que na vivenda afectada residía unha muller de avanzada idade que conseguiu saír da vivenda.

Até o lugar dos feitos acudiron os bombeiros da localidade que conseguiron sufocar as lapas contra as seis e media da madrugada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com