Arde unha casa abandonada en Fontiñas

Un incendio detectado esta madrugada nunha casa abandonada de Lugo provocou danos materiais na súa estrutura. O lume calcinou o tellado, que se veu abaixo. Os feitos tiveron lugar na rúa Fontiñas. O 112 Galicia recibía a alerta por parte dun particular ás 2:20 horas.

Axiña, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso aos Bombeiros de lugo e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. O CAE 112 Galicia informou do ocorrido, tamén, á Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com