" />

Ardeu un pendello de herba seca en Guntín

Os servizos de extinción apagaron esta mañá un lume localizado nun almacén de herba seca na parroquia de Vilamaior de Negral, no concello  de Guntín.

 O CIAE 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través da chamada dun particular ás 8:40 horas desta mañá. Desde ese momento e ata preto da unha desta tarde, os efectivos dos servizos de extinción e salvamento traballaron para apagar as lapas que afectaron a toda a palleira.

Para asegurarse da completa extinción do lume, os bombeiros retiraron do interior da estrutura toda a herba seca. Por fortuna, ninguén resultou ferido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo