" />

Arquivada a causa que investigaba un presunto caso de acoso laboral na Deputación, baixo o mando de Gómez Besteiro

O Xuíz do xulgado de instrución número 1 de Lugo vén de dictar o arquivo provisional da peza que deu orixe á operación Pulpo. Unha investigación iniciada no 2013 pola xuíza Pilar de Lara trala denuncia dunha funcionaria da Deputación de Lugo por acoso laboral por parte do seu xefe. O xuíz decretou hoxe o arquivo da causa e xustifica a denuncia como froito do mal ambiente laboral que había na Administración Provincial.

Tras esta decisión do xuiz de instrución, avánzase nun caso que se atopaba paralizado e vese así máis preto o final da instrución. Esta causa, asemade, é a última na que o expresidente da Deptuación, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, figura como investigado.

Este auto todavía podería ser recorrido pola acusación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo