" />

Arranca un novo ciclo de Faladoiros Feministas para “avanzar na transformación social cara a igualdade”

A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, presentou hoxe no Pazo de San Marcos xunto á coordinadora do Foro Feminista Maruja Mallo, Carmen Díaz Simón, o novo ciclo de Faladoiros Feministas que promove a institución provincial.

O ciclo comezará este venres co faladoiro de Towanda Rebels, ás 20:00 horas no Vello Cárcere de Lugo. Continuará ata o mes de maio coa celebración doutras catro citas, nas que intervirán Ana Iglesias, o 28 de febreiro; Marta Busquets, o 13 de marzo; Carmen Castro, o 24 de abril, e Mabel Lozano, o 22 de maio. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

Esta iniciativa posta en marcha pola Deputación de Lugo e o Foro Feminista Maruxa Mallo ten como obxectivo a conexión do feminismo coa cidadanía, propoñendo alternativas para situacións derivadas da estrutura social patriarcal, empoderar ás mulleres e loitar contra as violencias machistas. A Deputación colabora cunha achega de máis de 13.000 euros e tamén coa gravación dos faladoiros e a súa difusión en redes sociais a través do departamento de servizos audiovisuais.

María Loureiro subliñou que “este tipo de iniciativas son moi importantes para avanzar cara a transformación social, imprescindible para vivir en igualdade. Desde a Deputación de Lugo apoiamos con orgullo estes faladoiros, que buscan aportar ferramentas e recursos para favorecer a igualdade, identificar as causas da opresión da muller e definir propostas de solución”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo