Arrancan as obras dunha nova zona verde con área de lecer para cans

O Concello de Lugo ten en marcha as obras de acondicionamento dunha zona verde pública na rúa Serra de Ancares, que inclúe unha área de lecer para mascotas. Estas tarefas, que responden a diversas peticións da veciñanza, teñen un orzamento duns 40.000 euros e un prazo de execución de dous meses e medio.

A zona verde pública na rúa Serra de Ancares presenta un importante estado de deterioro e atópase nunhas condicións que non permiten o seu disfrute por parte da cidanía, de aí o acondicionamento que está acometendo a entidade local.

Concretamente, a parcela a ocupar presenta una pendente descendente dende a rúa Serra de Ancares cara a rúa río Eo, comunicadas polo vial rúa Xardíns. O centro desta zona estará destinada a unha área de descanso para mascotas, tratando os arredores dun xeito máis verde e integrador. Axardinaranse uns 780 metros cadrados e ampliarase a instalación de rega.

Para permitir a solta segura dos cans, delimítase a zona central do parque cun valado metálico, con portas. Ademais, co obxecto de evitar interferencias entre os animais, prevense dúas zonas independentes para separalos segundo o seu tamaño, peso ou temperamento. Un seto arrodeará todo o cercado e tamén se plantará arboredo.

As dotacións de equipamento contemplan tanto mobiliario urbano (bancos, papeleiras e unha fonte de fundicón, ademais de colectores) como elementos de exercizo canino, fabricados en madeira (un balancín, elemento de salto e túnel, entre outros). Este novo canil, o único destas características na cidade, súmase aos acondicionados en Frigsa, en Acea de Olga e a carón da Muralla.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Esmeralda Vázquez Nogueira
    Xuñ 13, 2019 - 12:44 AM

    Estupendo cuidar y acondicionar lugares para el esparcimiento de los animales, pero los niños están como chinches jugando en el mínimo parque del Campo Castillo, o en el mini parque situado detrás del centro Maruja Mayo, donde si hacen decenas de perros sus necesidades

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com