Arrancan os derradeiros traballos no cinto comarcal en Pol

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, supervisaron o inicio dos derradeiros traballos que se están a executar na LU-P- 1611, o coñecido como cinto comarcal, e que contan cun orzamento da Deputación de 243.000 euros.

Campos Conde destacou que “a través destas obras de remodelación integral do firme da vía melloraremos o día a día de milleiros de veciños, pois son actuacións das que se benefician de xeito directo, aos máis de 1.000 veciños da zona, así como a centos de usuarios que empregan esta vía que dá acceso a Castro de Rei e Castroverde. É acceso á N-640. Ademais, é a vía principal que conecta varios núcleos rurais do municipio como Mosteiro, Luaces e Hermunde con núcleo urbano de Pol”.

Rodríguez Ónega agradeceu este investimento da Deputación no municipio “na que é unha das arterias de comunicación máis importantes para a zona, pois atravesa o Concello e conecta coas localidades veciñas de Castro de Rei e Cervantes”. Nestes sento, o rexedor destacou a “constante colaboración do organismo provincial na mellora de infraestruturas na provincia, especialmente no rural, o que nos permite ofrecer aos veciños do noso Concello dotacións públicas de calidade”.

Os traballos, que rematarán previsiblemente a vindeira semana, consisten na remodelación integral do firme desta vía, nun treito de case 5 quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 99,500 e o 104,000. As actuacións específicas que se están a realizar nesta vía son a rexeneración do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, e incremento da seguridade coa instalación de sinalización horizontal e vertical. Acadouse tamén unha mellora de obra, o que permite acondicionar, sen custe algún para as arcas provinciais, o firme dun treito de case 500 metros máis

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com