" />

Arroxo: “A alcaldesa non executa o orzamento por incapacidade”

Rubén Arroxo, voceiro do BNG no Concello, saíu onte ao paso da situación na que se pode atopar Lugo ao final de ano pola falta de execución dos orzamentos do ano 2018. Arroxo afirmou que “o goberno municipal do PSOE non foi capaz de executar os investimentos que estaban previstos dentro dos orzamentos de 2018, partidas que estaban aprobadas e sobre as que o goberno tiña capacidade de decisión para invertilas”.

“A alcaldesa non executa o orzamento por incapacidade e culpabiliza á oposición como un mantra que se repite continuamente” dixo Rubén Arroxo e engadiu “este equipo de goberno acostumouse a culpabilizar ao resto da corporación e parece que incluso serían capaces de deixar cousas importantes para o concello sen facer para poder botarlle a culpa a quen non a ten”.

Arroxo avanzou que “o BNG está disposto a dialogar o que faga falta e chegar aos acordos que sexan precisos para que Lugo avance” e sinalou “xa presentamos unha serie de propostas, como fixemos outros anos pero non recibimos resposta por que parece que prefiren o discurso fácil da responsabilidade allea que poñerse a traballar para por en marcha as partidas”.

O voceiro do BNG sinalou que “parece mentira que non se fagan os investimentos que Lugo precisa mentres o concello ten máis de 36 millóns no banco por que o goberno non foi capaz de facer nada nestes catro anos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo