Arroxo pide “avances” para a rotonda de enlace entre Fontiñas e San Eufrasio

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, pediu “avances” para a rotonda do enlace entre Fontiñas e a rúa San Eufrasio. Arroxo lembrou que “o 4 de abril de 2017 dirixiuse un escrito ao Concello, dende a Xunta, propoñendo unha posible solución pero dende o concello non se fixo nada” explicou o voceiro do BNG e aclarou que “dende a Xunta incluso se propuxo a posibilidade de tramitar a cesión dun tramo da LU-530 ao concello de Lugo para que as dimensións da glorieta se poidan adaptar á normativa municipal e non á da rede de estradas da Xunta que resulta moito máis restritiva en canto ás especificacións técnicas”.

“Vemos como pasa o tempo e nin o concello nin a Xunta volveron facer xestións para solucionar este problema de tráfico que se xenera nunhas das vias con máis tráfico da cidade” afirmou Rubén Arroxo. O voceiro do BNG pediu que se fagan as xestións precisas entre Concello e Xunta para solventar a construción da rotonda e “resolver así os problemas de tráfico que se dan nesta intersección”.

Arroxo fixo referencia ao expediente ao que tivo acceso o BNG sobre este asunto e relatou que o 20 de febreiro de 2017 o Concello de Lugo, a través do Servizo de Enxeñería, dirixiu un escrito solicitando pronunciamento técnico sobre a viabilidade e oportunidade de construción dunha glorieta na confluencia da rúa S. Eufrasio (estrada LU-530) e a ronda de Fontiñas. A este escrito, o Servizo de Enxeñería respondeu que “sería unha decisión tecnicamente acertada” a construcción dunha glorieta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com