As administracións financian a reforma e ampliación da Protectora de Animais de Lugo

A Protectora de Animais de Lugo poderá acometer a reforma e ampliación das súas instalacións tras a sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e o Concello de Lugo que se asinou hoxe en Lugo. O acordo garante un investimento total de 744.436 euros, achegados a partes iguais polas tres administracións.

Na sinatura do convenio participou a alcaldesa de Lugo, Elena Candia, xunto con representantes da Xunta, da Deputación e da Protectora. A alcaldesa cualificou a actuación como un paso para responder a unha demanda histórica da entidade e mellorar as condicións das instalacións destinadas ao coidado dos animais. A rexedora destacou tamén o traballo desenvolvido pola directiva da Protectora, polos técnicos municipais e pola Consellería de Medio Ambiente para facer posible o proxecto.

Candia puxo tamén en valor a colaboración entre Xunta, Deputación e Concello para desbloquear esta iniciativa, defendendo a cooperación institucional como unha vía para impulsar proxectos de interese para a cida

Pola súa banda Miguel Fernández, deputado provincial, declarou que ““hoxe é un gran día para Lugo, para a Protectora, para o benestar animal e é un gran día para os que pasamos anos intentando buscar solucións para a Protectora”

Segundo a información facilitada durante o acto, a previsión é que as obras comecen ao longo do próximo mes de agosto. O Concello comprometeuse a colaborar no desenvolvemento da actuación e a realizar un seguimento do proxecto ata a súa finalización.

A reforma permitirá modernizar e ampliar as instalacións da Protectora de Animais de Lugo, co obxectivo de mellorar a atención e o benestar dos animais acollidos.

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com