A Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, en Mondoñedo, acolleu hoxe a presentación da nova promoción das audioguías ficcionadas da Mariña Lucense. Esta iniciativa turística, que inclúe información sobre os cascos históricos de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro, perfecciónase coa tradución destas audioguías ficcionadas ao inglés, francés a castelán.
No acto de presentación estivo presente o deputado de Turismo, Eduardo Vidal, así como outras personalidades coma o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, a Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, a Concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo do Concello de Ribadeo, Ana María Martínez Fernández, o Tenente de Alcalde de Viveiro, Jesús Fernández Fernández e o Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, entidade coa que colabora o Organismo Provincial e creadores desta iniciativa turística.
Ademais, realizouse material promocional como folletos e carteis para difundir e dar a coñecer nas oficinas de turismo as audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, que tamén estarán dispoñibles para a descarga e reprodución gratuíta na web da Mancomunidade.