As forzas minoritarias no Concello en contra da proposta organizativa dos socialistas

En declaracións a Xornal de Lugo hai escasos minutos, o líder de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, declarou que os concelleiros da plataforma votarán en contra da proposta socialista, liderada pola Alcaldesa Lara Méndez, debido as diferenzas entre ésta e a proposta que presentou Lugonovo no seu día, así como da asignación que se lle fai ao Partido Popular que aínda perdendo tres concelleiros mantén a mesma estrutura que a que tiña na lexislatura 2011-2015. A preguntas de Xornal de Lugo sobre o proceso de primarias que está a levar a cabo a formación Podemos a nivel estatal. Fernández Rocha declarou que respetaba o funcionamento interno de todas as agrupacións políticas, malia todo, tanto no tocante ao pleno do venres como ao proceso de Podermos fixo estas declaracións:

 

Xornal de Lugo tamén se puxo en contacto co concelleiro de Alternativa Cidadá de Esquerdas, Carlos Portomeñe quen declarou, que a postura da formación encamíñase cara a proposta consensuada entre os catro partidos minoritarios no Concello: Lugonovo, a propia ACE, Ciudadanos e BNG, á que chegaron nunha xuntanza mantida o pasado venres.

Portomeñe sinalou que mañá a formación reunirase de novo para tomar unha decisión clara ao respecto, aínda que o voceiro de ACE sí foi rotundo á hora de sinalar que non votarán a proposta organizativa dos socialistas.

Tamén fixo unha valoración sobre o proceso de primarias impulsado por Pablo Iglesias.

Escoitámolo:

 

Por último, Jesús Expósito de Ciudadanos, declarou a este xornal, que esta mañá o grupo de goberno entregoulles a proposta de organización, e que mañá terá lugar unha reunión onde analizarán o seu contido para logo tomar unha decisión definitiva.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com