As loitadoras e loitadores, volven á carga tras un parón de 15 días

As pupilas de Jose Valle, xogan este sábado ás 17:00 horas no seu fortín: o Municipal. Farao ante todo o poderoso Minis de Arluy VB Logroño. Primeiras clasificadas na liga, e recentes campioas da Copa da Raíña, que se celebrou a fin de semana pasada nas Palmas. As lucenses, saben que será un partido moi complicado para optar aos 3 puntos, pero si un partido moi bonito co que poder gozar no xogo e conseguir volver do parón cun bo sabor de boca ante o primeiro clasificado.

O septeto inicial pode ser: María Sanjurjo, Laura Villasante, Lucía Prol, Eugenia Nosach, Irene Yáñez, Aitana Fernández e Eliana González ( Líbero). Como reseras, Alba Pizarro, María Aguiar, Tea Andri’ C, Carmen Saá, Julia Paradela, Paula Lorenzo e Uxía López.

Por outra banda, os mozos de Diego Taboada, volven á carga, tras dúas xornadas de descanso na liga. Volven esta fin de semana, coas mesmas ganas de quedar invictos en Liga e alzarse con Copa, Liga e Ascenso, culminando así unha tempada histórica. Para iso, terán esta fin de semana un óso duro de roer. Viaxan a Dumbría, para medirse aos amigos do Voleibol Dumbría, nun encontro de brillante calidade, que enfronta ao primeiro e segundo clasificado da liga. Os lucenses teñen que poñer todas as brasas no asador, para que non se lles escape ningunha opción de poder levar o partido e con iso os 3 puntos, cousa que os locais non lles deixarán tan fácil.

O septeto titular: Antonio Mondejar, Pedro Sánchez, Chema Giménez, Victor Bouza, Anass Anzaui, Manuel Branco e Mario Dovale. Como reservas: Pablo Villar, Adrián García, Rubén López, Jordi Ferreiro e Guillermo Avendaño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo