Elena Candia

As razóns de Elena Candia para votar ao PP no 10N

A chanceler Ángela Merkel ten dito que un bo político sempre ten dúbidas e, polo tanto, revisa permanentemente ás súas respostas fronte aos problemas. E así debe ser, de feito, así é. Pero unha cousa é revisar as respostas aos problemas e outra dar bandazos, cambiar de opinión continuamente e bailar ao son que tocan as enquisas e os intereses persoais e de partido. O do socialista Pedro Sánchez como presidente do Goberno non foi a revisión das respostas aos problemas da nación española; non, foi o bandazo permanente buscando o seu mellor interese, incluso non tanto o interese de partido como o persoal. Porque Sánchez practicou ao fronte do Goberno unha forma de egosocialismo que levou ao país ao bloqueo e a inestabilidade, con graves consecuencias no tecido industrial, na destrución de emprego e na ralentización da economía. Mentres Sánchez, presidente grazas a unha moción de censura innecesaria, inoportuna e inxustificable, creaba problemas a España, a Xunta, presidida por Alberto Núñez Feijóo, xestionaba os intereses de Galicia con eficacia, estabilidade e seguindo a folla de ruta do seu programa. O próximo domingo haberá que elixir entre o modelo de goberno de Pedro Sánchez e o de Alberto Núñez Feijóo; haberá que decidir entre a inestabilidade e o bloqueo ou a estabilidade e a eficacia.

Postos a elixir entre os dous modelos de xestión, pouca dúbida pode haber. Pero para que sexa posible en España o cambio do bloqueo á eficacia, para que sexa viable pasar da inestabilidade á estabilidade é necesario que o voto de centro dereita se concentre no PP, no único partido en condicións de sacar da Moncloa a Pedro Sánchez. Nas eleccións xerais do pasado mes de abril case 30.000 votos de centro dereita da provincia de Lugo quedaron sen representación. Se esta vez ese voto se concentra no Partido Popular, desde Lugo estaremos abrindo o camiño a un Goberno presidido por Pablo Casado; un goberno popular é un goberno co aval de Alberto Núñez Feijoo e de Mariano Rajoy.

O domingo, á hora de votar, non se debe de esquecer que Lugo é unha provincia con amplas zonas despoboadas, para as que o Goberno de Pedro Sánchez non tivo nin un pensamento. Tampouco se debe esquecer que Lugo ten unha poboación envellecida e que o Goberno, moroso, adebeda a Galicia douscentos millóns de euros para atención ás persoas dependentes. Á hora de coller a papeleta no colexio electoral será bo ter en conta que o socialista Pedro Sánchez non fixo nada para garantir a continuidade de Alcoa-San Cibrao, Ence  nin Endesa-As Pontes, que dan traballo a miles de lucenses.

Tampouco hai que deixar pasar o feito de que con Pedro Sánchez aumentou o paro, é dicir, a inestabilidade xerada polo seu goberno destrúe emprego, complica a vida ás pequenas e medianas empresas e aos autónomos que tanto sufriron para superar a crise; fai máis difícil garantir as pensións, a sanidade pública, etcétera.

Por certo, o PP, cando gobernou, subiu as pensións, un dato nada irrelevante nunha provincia como a de Lugo. Xa ca papeleta na man, convirá recordar que o AVE a Lugo, grazas ao PSOE, é unha entelequia, un incumprimento máis dos moitos que se lle deben ao partido que perdeu o “O” de Obreiro e o “E” de español para converterse no Partido Sanchista. E tamén que os socialistas sanchistas, que non os outros, non dubidan en pactar con aqueles que queren romper España. É un feito. É o caso de Pedro Sánchez, pero tamén ocorre no inmediato: no Concello de Lugo e na Deputación o PSOE goberna co BNG, que firmou recentemente o manifesto pola autodeterminación de Llotja de Mar con independentistas vascos e cataláns, entre outros.

O PP, creación de Manuel Fraga, é o partido de Mariano Rajoy, o presidente que soubo sacar ao país dunha grave crise económica que o seu predecesor, o socialista Zapatero, negaba cando xa era unha evidencia. O PP é un partido de centro dereita e galeguista. Fraga reivindicou a Castelao como modelo do galeguismo do PP á vez que avisaba de que a invocación da autodeterminación introduce na política galega «un concepto confuso, anacrónico, anticonstitucional e antiestatutario». O voto centrista de sentimento galeguista ten o seu espazo nestas eleccións xerais no Partido Popular; doutro xeito será voto perdido e facilitará que Pedro Sánchez siga na Moncloa, o país sumido na inestabilidade e a economía instalándose na ralentización. É o momento do cambio, e só é posible co PP. Espero que quen, con todo o dereito, votou en abril a partidos de centro dereita que non tiveron representación, esta vez opte pola única posibilidade de cambio real: polo PP.


Texto: Elena Candia López (Presidenta do Partido Popular na Provincia de Lugo e Alcaldesa de Mondoñedo)

Novas relacionadas

11 respostas

Deixa unha resposta
  1. Luchinha De Escarlán
    Nov 08, 2019 - 04:37 PM

    Pois a ver se reproducides as razóns d@s demais tamén, e non só as do PP (que por outra banda, dame a risa)

    Reply
    • Xornal de Lugo
      Nov 08, 2019 - 06:37 PM

      Boas, estaríamos encantados pero, esto non deixa de ser un artigo de opinión que nos mandou a propia autora, por eso mesmo o reproducimos tal cual. Se entras no noso xornal, verás que está na sección de opinión (como indica tamén o hashtag). Cando o resto de partidos manden opinións, reproducirémolas de igual xeito. Grazas, de todas formas, polo teu comentario.

      Reply
  2. Luis Díaz
    Nov 08, 2019 - 02:23 PM

    Por qué Xornal de Lugo reproduce íntegramente este texto , una cosa es informar y otra posicionarse , tendremos un El Progreso dos ?

    Reply
    • Marta Rodriguez Engroba
      Nov 08, 2019 - 02:34 PM

      Luis , Xornal de Lugo siempre reproduce los textos íntegros, cosa que creo que todos los que nos expresamos alguna vez a través de este medio, entre las que me cuento, agradecemos sinceramente, y eso no quiere decir que se posicione en absoluto, sino todo lo contrario.
      Es algo que honra a este medio y no los recortes ” estratégicos” que hacen otros y que inducen en ocasiones a malas interpretaciones.

      Reply
    • Eugenia Fernandez Peña
      Nov 08, 2019 - 02:51 PM

      Luis Diaz Reproducir sólo parte de un texto es manipular, yo desde luego se agradezco que den la informacion entera…seguro que tu también

      Reply
    • Luis Díaz
      Nov 08, 2019 - 02:59 PM

      Marta Rodriguez Engroba gracias por la aclaración , es cuestión de ir conociéndose el que escribe y el que lee , Xornal de Lugo llevo 4 días leyéndolo , aún no sé muy bien de qué “cojea” , el mencionado El Progreso llevo 40 años , y sé la facilidad que tienen para “cojear” siempre de la pierna derecha . Tiempo al tiempo pues para conocernos todos .

      Reply
    • Xornal de Lugo
      Nov 08, 2019 - 06:39 PM

      Luis Díaz moitas grazas por comentar (e por lernos). Como ben dicen nos comentarios, cando nos mandan unha opinión, nós reproducímola tal cual, e vai directa para a nosa sección de Opinión (calquera pode participar da mesma). É a nosa maneira de darlle voz a todo aquel que queira dicir algo ao

      Reply
    • Xornal de Lugo
      Nov 08, 2019 - 06:44 PM

      Luis Díaz …estamos encantados, asemade, de compartir diferentes voces, pois cremos na riqueza que eso ten. Agora ben, nas seccións de noticias (principalmente Lugo e Provincia) intentamos informar da que consideramos que é a mellor maneira posible. Somos un medio pequeno, cun equipo pequeno, pero con moitas ganas de seguir crecendo entre os veciños da provincia. Por outro lado, graciñas Eugenia Fernandez Peña e Marta Rodriguez Engroba polas vosas verbas, e o apoio.

      Reply
    • Eugenia Fernandez Peña
      Nov 08, 2019 - 06:53 PM

      O meu apoio sempre estará co o que non manipule nin engañe o ciudadan. Graciñas e boa sorte…( rogo disculpen co meu galego non e tan bon como eu querria que fose..)

      Reply
    • Marta Rodriguez Engroba
      Nov 08, 2019 - 06:53 PM

      Xornal de Lugo Non tedes que dalas. A vos por darnos a oportunidade de contar moitas cousas que non nos derades voz non sería posible. Creceredes porque o merecedes, e aquí estamos para apoiar en todo canto sexa posible

      Reply
    • Luis Díaz
      Nov 08, 2019 - 09:00 PM

      Xornal de Lugo Grazas pola resposta , e non quero parecer que me queixo por queixarme , o que pasou é que este mesmo artigo xa o vin antes de en esta páxina , colgado no muro de otros do PP , tedes que perdoarme , pero o velo reproducido íntegramente con vos , dixenme : pero bueno … estos tamén están subvencionados polos mesmos que subvencionan o El Progreso , evidentemente a miña rabia foi mais rápida que a miña razón , pido disculpas .

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com