As Termas comprometese con AUARA a consumir “Auga para cambiar o mundo”

As Termas Centro Comercial, xestionado por Gentalia e propiedade de Lar España Real Estate Socimi, asumiu o compromiso contraído por Gentalia no ámbito da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) coa empresa Auara de consumir unicamente auga mineral desta marca nas oficinas do centro comercial. Ademais, tamén instalará unha máquina expendedora para fomentar o seu consumo entre os clientes.

Esta alianza, baixo o lema “auga para cambiar o mundo”, ten como obxectivo achegar un ben de primeira necesidade, como é a auga, aos máis desfavorecidos e reducir o impacto ambiental co uso das primeiras botellas de Europa fabricadas con material 100 % reciclaxe. A empresa social Auara conseguiu levar en dous anos e media auga potable a máis de 23.000 persoas a través de 37 proxectos en 15 países en vías de desenvolvemento.

Esta medida de As Termas súmase a outras como a instalación dun punto de recarga de vehículos eléctricos e a utilización de lámpadas LED de baixo consumo, grazas ás cales o centro foi distinguido coa certificación BREEAM ( Building Research Establishment Environmental Assessment Methodology), o método de avaliación e certificación da sustentabilidade da edificación tecnicamente máis avanzado e líder a nivel mundial.

Con esta alianza, As Termas reafirma o seu compromiso coa preservación e coidado do medio ambiente e coas organizacións e entidades sociais tanto a nivel local como nacional que o promoven. Esta aposta, unida á súa alta especialidade en moda e lecer, posicionaron a As Termas como unha das superficies comerciais de referencia no norte de Galicia.

AUARA é a primeira empresa social española certificada por Social Enterprise Mark. Co obxectivo de revolucionar a axuda ao desenvolvemento, esta marca de auga mineral inviste o 100 % dos dividendos que xera coas súas vendas en desenvolver proxectos de acceso a auga potable en países en vías de desenvolvemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com